Monday, 15 September, 2025г.
russian english deutsch french spanish portuguese czech greek georgian chinese japanese korean indonesian turkish thai uzbek

пример: покупка автомобиля в Запорожье

 

BUDIÑO - SOTAQUE - Nubeiros e Tronantes

BUDIÑO - SOTAQUE - Nubeiros e TronantesУ вашего броузера проблема в совместимости с HTML5
"Ese erguerse no palco que ten de seu o gaiteiro. Ese aquí estou eu. Esa fachenda. Budiño tena. Ten planta, chantado alí. É libre. Ergue a testa, albisca ao lonxe e fixa o rumbo. A navegar! Polas redes e os aeroportos. Botar nasas. Exportar. Nada novo para el" (SOTAQUE - Carlos Blanco). BUDIÑO é un artista atípico, un músico co seu "sotaque", un compositor que desperta admiración entre os seus, un creador engaiolante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons mais contemporáneos. BUDIÑO ten publicado ate o de agora seis traballos discográficos, PARALAIA, ARREDOR, ZUME DE TERRA, HOME, VOLTA mais este último que fai o número seis, SOTAQUE. As súas creacións, os seus espectáculos en directo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión. BUDIÑO ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso. BUDIÑO fórmase na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Mais tarde atopa o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie o la Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros. SOTAQUE (2013) Fol Música Novo Álbum SOTAQUE é o novo traballo discográfico de BUDIÑO. Foi gravado no seu estudio "Ardora" e mesturado e masterizado nos estudios "Atlântico Blue Studios de Lisboa". Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE. Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade. Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación: * ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en "Déixame Adiviñar", unha letra escrita por Carlos Blanco. * LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción "Hoxe canto en Libertá" con letra de Celso Emilio Ferreiro. * Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros. * MICHAEL McGOLDRICK coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑO, SOTAQUE.
Мой аккаунт